Portada > > Iniciativas

Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3)

Compartir

A Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ata 2027 sitúa a sustentabilidade, a innovación e as persoas como os eixes das políticas de I+D+i da Xunta cunha mobilización extraordinaria de fondos de case 5000M€ de investimento público-privado.

Con esta folla de ruta búscase incrementar o número de pemes innovadoras e fomentar unha I+D+i orientada a abordar os retos da sociedade galega: o envellecemento activo, a alimentación saudable, o despoboamento, a saúde ou a cohesión territorial.

Outro dos obxectivos é o fortalecemento do ecosistema galego de I+D+i, achegando os centros de coñecemento ás empresas e prestando especial atención á perspectiva de xénero no campo da investigación e a innovación.

Esta estratexia é froito dun proceso de diálogo con todo o ecosistema galego de I+D+i, co tecido empresarial galego e tamén coa cidadanía.

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Innovación
Colectivo/s: Centro tecnolóxico; Investigador/a; Empresa; Peme
Feitos vitais: Innovar