ATLANT KIS: (Espazo Atlántico): o obxectivo é a elaboración dun diagnóstico rexional da oferta e demanda de Servizos de Coñecemento Intensivo (SIC). Realizase no marco dun proxecto de Cooperación Transnacional do Espazo Atlántico que pretende mellorar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía nos procesos de innovación das PEMEs mediante a promoción e cooperación dos Servizos Intensivos de Coñecemento (SIC).Descargar
MATERA + (VII Programa Cadro): apoia proxectos de investigación e desenvolvemento no campo dos materiais.Descargar
ECA-IT (Cooperación Transfronteiriza España- Norte de Portugal): mediante o apoio á unha cooperación que promova a innovación empresarial entre sectores que teñan presenza representativa a ambos lados da fronteira (naval, loxística, turismo), este proxecto pretende facer xurdir nas empresas a figura do axente da innovación.Descargar
AFRESH (VII Programa Cadro): ten como obxectivo desenvolver unah axenda de investigación para reducir a incidencia das enfermidades crónicas debidas a dieta inadecuada e inactividade, a través do desenvolvemento de servizos e produtos innovadores no eido da nutrición e a actividade física Descargar
REAL (Cooperación Transfronteiriza España- Norte de Portugal): o Proxecto “REAL” desenvolve unha rede de colaboración e intercambio de información e coñecemento como forma de promoción da innovación no sector das industrias de transformación alimentaria.Descargar
PROSESC (Interreg IVC): desenvolve un conxunto de accións para conseguir un maior aproveitamento dos Servizos Intensivos en Coñecemento para conseguir o desenvolvemento dun sistema de transporte por estrada competitivo e sostible.Descargar
ECREIN (Interreg IVC): este proxecto promove a ampliación da rede clusters europea de eco-innovación para intercambiar e implantar novas políticas rexionais neste ámbito.Descargar
LEADERA (VII Programa Cadro): proxecto ERANET que finaliza para a promoción de proxectos de I+D no eido dos Lead Markets, sectores económicos definidos pola Comisión Europea como de alto crecemento.Descargar