A nova Lei de Comercio Interior establece un marco normativo equilibrado e moderno no que os comerciantes galegos poderán desenvolver as súas estratexias para levar a cabo unha mellora continuada que garanta o futuro da súa actividade.
A Consellería de Economía e Industria está a volcar todos os seus recursos na tarefa de acadar a definiva reactivación da economía galega; unha labor na que contamos co tecido comercial como un dos nosos aliados principais.O comercio dinamiza a economía Galega, ao tempo que actúa como unha rede capaz de vertebrar o progreso de toda a comunidade. Os comerciantes galegos desenvolven unha actividade que supón o 10% do PIB da nosa comunidade e xera máis de 110.000 postos de traballo. En definitiva, os comerciantes galegos melloran a economía cotiá das nosas vilas e cidades.
O compromiso da Xunta cos emprendedores no eido do comercio é absoluta e inamovible. Por iso, despois de 22 anos, temos elaborado unha nova Lei do Comercio Interior de Galicia que establece un marco lexislativo equilibrado e moderno. Unha norma de consenso coa que temos fornecido a Galicia dun contexto de seguridade xurídica no que os comerciantes galegos poderán desenvolver as súas estratexias para levar a cabo unha mellora continuada que garanta o futuro da súa actividade.
O novo Goberno da Xunta de Galicia tense implicado a fondo coa recuperación do noso tecido comercial e produtivo. Os galegos nos esixen austeridade, rigor, xestión e planificación, e non se equivocan en absoluto. Pola miña parte, lles aseguro que a Consellería de Economía e Industria está a cumprir con ese mandato.
Dende a xestión máis eficaz dos nosos recursos estamos a planificar una verdadeira estratexia de axuda á dinamización do comercio de Galicia, que se articula a través dun Plan ambicioso: o Plan Ágora – Agora re-Comercia, que aquí se presenta.
Javier Guerra Fernández. Conselleiro de Economía e Industria