Xunta

Buscador avanzado

Estás en: Portada / Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas / Organismos de control autorizados (OCAS)

Normativa e listaxe dos Organismos de control (OCA)

O Real decreto 2200/1995, de 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, modificado polo Real decreto 338/2010, do 19 de marzo, establece no seu artigo 43 que a autorización de actuación dos Organismos de control acreditados, corresponde ao órgano competente da Comunidade Autónoma onde os Organismos inicien a súa actividade ou radiquen as súas instalacións.

Nos documentos que seguen, vostede pode consultar a normativa que regula a autorización e as actuacións dos Organismos de control en Galicia, así como a relación dos Organismos de control que foron autorizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Nota: consonte o Real decreto 2200/1995, as autorizacións outorgadas aos Organismos de control terán validez para todo o ámbito do Estado, inda que aqueles antes de actuar nunha Comunidade Autónoma distinta da que lles autorizou deberán notificar a súa intención ao Ministerio con competencias en materia de industria ,que dará traslado inmediato ás Comunidades Autónomas correspondentes. Tendo en conta isto, a Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas non é unha relación de todos os Organismos de control que poden actuar en Galicia, senón unicamente dos que efectivamente foron autorizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Documentos relacionados

  • Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (formato pdf) Descargar
  • Corrección de erros do Decreto 54/2011 (formato pdf) Descargar
  • Resolución do 30 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifican as autorizacións de actuación aos organismos de control, no ámbito da seguridade industrial, na Comunidade Autónoma de Galicia (formato pdf) Descargar
  • Organismos de control que poden operar en Galicia (formato pdf) Descargar