ATENDÉMOLO/A
Oficina de Rexistro Único e Información
Que é?
É un centro de atención aos cidadáns que acudan a presentar solicitudes, escritos e comunicacións na Xunta de Galicia ou a informarse acerca dos servizos ofrecidos.
Que ofrece?
- Recepción e axuda aos cidadáns.
- Rexistro de entrada de documentos dirixidos a calquera Administración pública.
- Orientación e información xeral.
- Da Xunta de Galicia: Diario Oficial de Galicia, departamentos, estruturas orgánicas, etc.
- Acerca dos procedementos administrativos: convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, oposicións, etc.
Como se pode acceder a estes servizos?
- Persoalmente:
- Oficina de Rexistro Único e Información: Servizos Centrais da Xunta de Galicia, 15781 San Caetano s/n - Santiago de Compostela. De luns a venres, de 9 a 19 h; e sábados, de 9 a 14 horas. Horario de verán: do 23 de xuño ao 23 de setembro de 2009, ambos inclusive, o horario de atención ao público será de 9 h a 14 h, de luns a sábados.
- Centro de Atención ao Cidadán: rúa Doutor Teixeiro, 26, entreplanta, 15701 Santiago de Compostela. Horario: de luns a venres, de 9 a 14 horas.
- Atención telefónica:
- Información administrativa xeral: chamando ao número 012 de luns a venres, de 8 h a 20 h.
Teléfono 012