18/06/2013 18:40
Os estímulos serán aplicables aos 50 parques empresariais con solo dispoñible en Galicia, que suman un total de 961 parcelas e 3 millóns de metros cadrados
O titular da Xunta enmarca esta decisión na súa aposta por incentivar a actividade económica, como ten feito nos últimos anos con rebaixas selectivas de impostos por valor de 116 millóns de euros, das que se beneficiaron 167.000 galegos
Feijóo amósase convencido de que o autogoberno se blinda coa situación financeira da comunidade; e establece como reto para o final desta lexislatura, que as contas da comunidade estean no contorno do déficit cero
Afirma que, en dúas lexislaturas de crise “teremos remodelado boa parte dos hospitais do Sergas, creado 12.000 prazas públicas de servizos sociais, mantido as universidades accesibles e incrementado a Formación Profesional e os idiomas nas aulas”
17/06/2013 15:39
40 persoas atenden desde hoxe de maneira exclusiva aos afectados nas oficinas do Instituto Galego de Consumo nas 7 grandes cidades galegas
O persoal traballa en horario de mañá e tarde, axilizando a vía da arbitraxe e achegando a información necesaria sobre as posibilidades da vía xudicial
O IGC está a informar sobre o procedemento xudicial a seguir e as opcións de xustiza gratuíta para aqueles que poidan beneficiarse da mesma nos supostos que contempla a lei
A Xunta segue a defender a arbitraxe como a mellor fórmula para que o 100% dos aforradores recuperen o 100% dos seus aforros
17/06/2013 14:18
O conselleiro de Economía e Industria reúnese con empresarios galegos que están a mellorar a competitividade das súas compañías
Salienta a importancia desta nova liña de apoios que promove a modernización das empresas a través da substitución de maquinarias e equipamentos
Destaca tamén o programa Innoempresa, centrado no fomento da competitividade a través de procesos innovadores
“Entre ambos programas imos mobilizar 25 millóns de euros na mellora competitiva das pequenas e medianas empresas galegas”, explica
17/06/2013 13:56
O Plan de Fomento das Exportacións Galegas suma este ano 2 millóns de euros para facilitar a saída das empresas a mercados internacionais
Inclúense 84 actuacións nas que se prevé a participación de 700 pequenas e medianas empresas
Apóiase a posta en marcha de misións empresariais en mercados de interese, así como a acollida de misións de países que visitan a nosa Comunidade e a participación de empresas galegas en grandes feiras internacionais
A iniciativa inclúese na aposta da Xunta pola internacionalización como clave para reactivar a economía galega
16/06/2013 11:34
Francisco Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a comunidade de galegos do país
15/06/2013 14:21
O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co embaixador de España en Lima, Juan Carlos Sánchez, no que avaliaron as diferentes posibilidades de crecemento para o empresariado galego no país andino
Conde subliña a importante vantaxe competitiva que supón a innovación e a alta capacidade tecnolóxica das compañías galegas para entrar en novos mercados como o peruano
A través do servizo de licitacións internacionais SALT, promovido polo Igape, empresas galegas teñen conseguido contratos en Perú por 6 millóns de euros
O conselleiro visitou a consultora galega GOC, que está a desenvolver varios proxectos en Perú
15/06/2013 13:00
O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, destaca o labor divulgativo deste Parque no fomento das enerxías renovables e a eficiencia enerxética
Resalta a importancia da concesión do Premio Eolo 2013 ao concello de Xermade, que ten sabido aproveitar os beneficios da enerxía eólica no desenvolvemento da comarca
14/06/2013 20:06
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, asiste á inauguración dunha mostra que facilita aos artesáns canles de comercialización para os seus produtos, promove a súa actividade e serve como elemento dinamizador do sector artesán
A feira prolongarase ata o vindeiro domingo contando coa participación de artesáns galegos do sector téxtil, marroquinería, obradoiro de gaitas, pirogravado e cerámica
14/06/2013 19:23
Na súa visita a Perú o conselleiro de Economía e Industria avanza na identificación de novas oportunidades de negocio para as empresas galegas en sectores como o téxtil, a construción, a consultaría, a pesca e a viticultura
Destaca nun encontro con empresarios galegos na Cámara Española de Comercio en Perú “o papel clave da galeguidade empresarial na internacionalización”
Conde reuniuse coa axencia estatal Promperú para estudar posibles colaboracións co Igape e afianzar así as relacións comerciais entre Galicia e o país americano
O alto desenvolvemento económico do país fai que a Xunta estea a valorar a apertura dun novo punto da Rede Pexga en Lima
O conselleiro mantivo unha xuntanza con Fidel Jaramillo, representante en Perú do Banco Interamericano de Desenvolvemento, que ten un importante peso na economía peruana
14/06/2013 18:03
Tras a resposta do empresariado lugués, procederase a anunciar en próximas datas a publicación do censo
Posteriormente, e unha vez cumpridos os prazos e procedementos legais, iniciarase o trámite das candidaturas
O obxectivo da Comisión é restituír a gobernabilidade do ente e a estabilidade das súas funcións