Portal da Consellería de Economía e Industria

Buscador avanzado

Estás en: Portada / Consellería / Novas

Actualidade

Filtrar por...

Ten dispoñibles para consulta 368 novas:
O novo Renove de lousa apoia ao sector mobilizando 1,5 millóns na substitución de cubertas nos edificios de vivendas

19/06/2013 14:27

O novo Renove de lousa apoia ao sector mobilizando 1,5 millóns na substitución de cubertas nos edificios de vivendas

O Conselleiro de Economía e Industria resalta a importancia do plan nun encontro mantido con representantes da Asociación Nacional de Colocadores de Pizarra (ANCOP) e do Clúster da Lousa de Galicia

O programa beneficiará a preto de 150 propietarios e comunidades de veciños que poderán solicitar axudas de ata un 40% do total do investimento subvencionable

Foméntase o aforro e a eficiencia enerxética ao tempo que se impulsa o sector da lousa, un produto no que Galicia é líder producindo o 50% da lousa mundial para cubertas

19/06/2013 14:00

O operativo especial activado pola Xunta para reforzar a atención a afectados de preferentes e subordinadas asesorou xa a máis de 3.200 persoas

Desde o luns as oficinas do Instituto Galego de Consumo nas 7 principais cidades galegas contan con 40 persoas que atenden de maneira exclusiva aos afectados en horario de mañá e tarde

Achégase a información necesaria sobre o proceso de liquidez, as posibilidades da vía xudicial e as opcións de xustiza gratuíta para aqueles que poidan beneficiarse da mesma

A través da arbitraxe, a Xunta conseguiu que 2 de cada 3 afectados que solicitaron esta vía recuperen os seus aforros

A Xunta ampliará a estratexia de apoio aos emprendedores cun paquete de incentivos para facilitar e abaratar a adquisición de solo industrial

18/06/2013 18:40

A Xunta ampliará a estratexia de apoio aos emprendedores cun paquete de incentivos para facilitar e abaratar a adquisición de solo industrial

Os estímulos serán aplicables aos 50 parques empresariais con solo dispoñible en Galicia, que suman un total de 961 parcelas e 3 millóns de metros cadrados

O titular da Xunta enmarca esta decisión na súa aposta por incentivar a actividade económica, como ten feito nos últimos anos con rebaixas selectivas de impostos por valor de 116 millóns de euros, das que se beneficiaron 167.000 galegos

Feijóo amósase convencido de que o autogoberno se blinda coa situación financeira da comunidade; e establece como reto para o final desta lexislatura, que as contas da comunidade estean no contorno do déficit cero

Afirma que, en dúas lexislaturas de crise “teremos remodelado boa parte dos hospitais do Sergas, creado 12.000 prazas públicas de servizos sociais, mantido as universidades accesibles e incrementado a Formación Profesional e os idiomas nas aulas”

17/06/2013 15:39

A Xunta activa un operativo especial para reforzar a atención aos afectados por unha mala comercialización de preferentes e subordinadas

40 persoas atenden desde hoxe de maneira exclusiva aos afectados nas oficinas do Instituto Galego de Consumo nas 7 grandes cidades galegas

O persoal traballa en horario de mañá e tarde, axilizando a vía da arbitraxe e achegando a información necesaria sobre as posibilidades da vía xudicial

O IGC está a informar sobre o procedemento xudicial a seguir e as opcións de xustiza gratuíta para aqueles que poidan beneficiarse da mesma nos supostos que contempla a lei

A Xunta segue a defender a arbitraxe como a mellor fórmula para que o 100% dos aforradores recuperen o 100% dos seus aforros

A Xunta impulsa a competitividade das pemes galegas con apoios que mobilizarán 18 millóns

17/06/2013 14:18

A Xunta impulsa a competitividade das pemes galegas con apoios que mobilizarán 18 millóns

O conselleiro de Economía e Industria reúnese con empresarios galegos que están a mellorar a competitividade das súas compañías

Salienta a importancia desta nova liña de apoios que promove a modernización das empresas a través da substitución de maquinarias e equipamentos

Destaca tamén o programa Innoempresa, centrado no fomento da competitividade a través de procesos innovadores

“Entre ambos programas imos mobilizar 25 millóns de euros na mellora competitiva das pequenas e medianas empresas galegas”, explica

A Xunta e as Cámaras de Comercio impulsan co Plan Foexga as exportacións das pemes galegas

17/06/2013 13:56

A Xunta e as Cámaras de Comercio impulsan co Plan Foexga as exportacións das pemes galegas

O Plan de Fomento das Exportacións Galegas suma este ano 2 millóns de euros para facilitar a saída das empresas a mercados internacionais

Inclúense 84 actuacións nas que se prevé a participación de 700 pequenas e medianas empresas

Apóiase a posta en marcha de misións empresariais en mercados de interese, así como a acollida de misións de países que visitan a nosa Comunidade e a participación de empresas galegas en grandes feiras internacionais

A iniciativa inclúese na aposta da Xunta pola internacionalización como clave para reactivar a economía galega
 

O conselleiro de Economía subliña no Centro galego de Perú o “espírito emprendedor” dos galegos emigrados ao país andino

16/06/2013 11:34

O conselleiro de Economía subliña no Centro galego de Perú o “espírito emprendedor” dos galegos emigrados ao país andino

Francisco Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a comunidade de galegos do país
 

Conde subliña as importantes oportunidades que ofrece Perú para as empresas galegas en sectores como o naval, a metalmecánica ou a construción

15/06/2013 14:21

Conde subliña as importantes oportunidades que ofrece Perú para as empresas galegas en sectores como o naval, a metalmecánica ou a construción

O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co embaixador de España en Lima, Juan Carlos Sánchez, no que avaliaron as diferentes posibilidades de crecemento para o empresariado galego no país andino

Conde subliña a importante vantaxe competitiva que supón a innovación e a alta capacidade tecnolóxica das compañías galegas para entrar en novos mercados como o peruano

A través do servizo de licitacións internacionais SALT, promovido polo Igape, empresas galegas teñen conseguido contratos en Perú por 6 millóns de euros

O conselleiro visitou a consultora galega GOC, que está a desenvolver varios proxectos en Perú
 

A Xunta celebra en Sotavento os actos conmemorativos do Día Mundial do Vento

15/06/2013 13:00

A Xunta celebra en Sotavento os actos conmemorativos do Día Mundial do Vento

O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, destaca o labor divulgativo deste Parque no fomento das enerxías renovables e a eficiencia enerxética

Resalta a importancia da concesión do Premio Eolo 2013 ao concello de Xermade, que ten sabido aproveitar os beneficios da enerxía eólica no desenvolvemento da comarca

14/06/2013 20:06

Economía e Industria apoia a XI feira do Comercio e Artesanía de Cambre pola súa promoción do produto artesán galego

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, asiste á inauguración dunha mostra que facilita aos artesáns canles de comercialización para os seus produtos, promove a súa actividade e serve como elemento dinamizador do sector artesán

A feira prolongarase ata o vindeiro domingo contando coa participación de artesáns galegos do sector téxtil, marroquinería, obradoiro de gaitas, pirogravado e cerámica