23/02/12 | 14:03
O conselleiro de Economía e Industria visita o espectáculo “Ciencia ou Ficción” no que se realizan experimentos que permiten entender que ocorre detrás das cámaras para construír o mundo de ficción do cine
Os ‘Espectáculos de Ciencia’ enmárcanse no eixo estratéxico de divulgación do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C), que ten como obxectivo promover a celebración deste tipo de actividades durante todo o ano
En total, son catro os espectáculos propostos en colaboración coa Fundación Barrié: Ciencia ou Ficción, Raios e Centellas!, Forzas e Enerxía, e Maxia e Química
06/02/12 | 17:02
O presidente do Goberno galego e o conselleiro de Economía e Industria mantiveron un primeiro encontro co ministro de Industria, Energía y Turismo no que transmitiron a urxencia de avanzar favorablemente nas situacións de dous sectores clave da economía galega
O Goberno central comparte a súa preocupación por ambos sectores industriais e transmitiu a súa implicación con Galicia
A Xunta agradece a colaboración do novo Goberno que xa ten plantexada a folla de ruta para a defensa do novo Tax Lease en Bruxelas e incide na urxencia da súa aprobación
Con respecto ao Real Decreto das renovables, o Goberno galego transmite que entende o problema do déficit tarifario do sistema enerxético español e defende as alternativas baseadas na alta eficiencia dos parques eólicos galegos
03/02/12 | 15:43
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, reuniuse con directivos do novo clúster que aglutina o sector para coñecer os seus plans e avaliar posibilidades de colaboración
Esta organización traballa na promoción de Galicia como espazo loxístico de referencia internacional e nó estratéxico para o movemento de mercadorías entre continentes
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, reuniuse con directivos do novo clúster que aglutina o sector para coñecer os seus plans e avaliar posibilidades de colaboración
Esta organización traballa na promoción de Galicia como espazo loxístico de referencia internacional e nó estratéxico para o movemento de mercadorías entre continentes
02/02/12 | 19:38
O secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea, salientou a necesidade de solucións concretas para o sector naval galego, como a axilización na aprobación dun novo ‘tax lease’
Verea propuxo o establecemento de ferramentas financeiras comunitarias para facilitar o acceso ao crédito no sector
A sede da Fundación Galicia Europa acolleu unha reunión na que se sentaron as bases para a creación da primeira rede rexional de clústers europeos desta industria
02/02/12 | 16:51
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro con directivos da asociación dos provedores da construción para coñecer os plans que están a impulsar e avaliar posibilidades de colaboración
Aguilera lembroulles as distintas ferramentas que o Igape pon a disposicións das empresas para facilitar a súa apertura ao exterior, como a posta en marcha da rede Pexga
O sector está a ser un dos máis activos na procura de oportunidades de negocio no exterior, en países de Latinoamérica ou Centroeuropa onde a construción mantén unha actividade intensa
02/02/12 | 13:38
A Consellería prevé realizar actuacións en 250 edificios e vivendas de Galicia a través deste plan Renove, ao que se destina un orzamento de 490.000 euros
Prevese un aforro de enerxía primaria de máis de 1,9 millóns de kWh/ano, evitándose a emisión de 300 toneladas de CO2 á atmosfera.
Os interesados poden consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-
01/02/12 | 19:56
O conselleiro de Economía e Industria adianta os prazos que manexa o Goberno na Comisión Europea para a aprobación dun novo tax lease
O novo modelo de financiamento, baseado no sistema francés, podería estar autorizado no mes de maio, segundo se marca o Goberno central
Guerra, que se reuniu co novo director xeral de Industria do Ministerio tras a súa toma de posesión, salientou o importante xiro da situación tras o cambio de Goberno e a estreita colaboración coa Xunta na defensa dunha actividade estratéxica para Galicia
Destacou o traballo do Goberno galego liderando o proceso desde o inicio, sempre en consenso co sector, e a necesidade de que o Ministerio negocie coa Comisión Europea na menor brevidade posible
01/02/12 | 17:59
O secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, Borja Verea, intervén mañá no Parlamento Europeo nun encontro no que se abordarán os novos horizontes para as industrias marítimas
A Fundación Galicia Europa organiza unha reunión de clúster europeos do sector co obxectivo de definir novas iniciativas para reforzar a competitividade desta industria
01/02/12 | 17:25
Hoxe constituíse a mesa formada pola Xunta e máis pola corporación municipal, que fora comprometida na visita do conselleiro Javier Guerra ao concello o pasado 24 de xaneiro
Na reunión sentáronse as bases de colaboración para apoiar o desenvolvemento da zona
Pola súa banda, a Consellería de Economía e Industria salientou a importancia das ferramentas que ofrece a Xunta a prol das empresas, facendo especial fincapé no Plan Impulsa Lugo
01/02/12 | 16:51
O director xeral de I+D+i da Consellería visita cunha delegación galega do sector o Centro de Deseño do Automóbil de PSA, en París
Empresas e Universidade coñecen de primeira man os últimos deseños para vehículos, o que lles permitirá planificar proxectos conxuntos de innovación
A participación da Universidade de Vigo susténtase no interese do Goberno galego de que os centros de coñecemento teñan acceso directo ás necesidades e demandas da industria
O impulso á transferencia de coñecemento dende os centros tecnolóxicos e de investigación á empresa é un dos principais retos do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) da Xunta