Xunta

Buscador avanzado

Estás en: Portada / Suxestións e queixas / Instruccións para o envío de suxestión e queixas

SUXESTIÓNS E QUEIXAS

Instrucións para o envío de suxestións e queixas á Xunta de Galicia

  • 	Atención ao cidadán: 012 / web@xunta.es
    Atención ao cidadán: 012 / web@xunta.es

Presentación telemática:

  • Acceder ao formulario, premendo na ligazón situada no menú da esquerda.
  • A presentación telemática da queixa/suxestión esixe dispor dun certificado dixital baixo a norma X509 V3 expedido pola Fábrica Nacional da Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda. Se non dispón do dito certificado, pode obtelo de xeito sinxelo, accedendo á web da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.
  • Cubrir todos os campos indicados no formulario, tendo en conta o carácter obrigatorio dos que aparecen con fondo amarelo.
  • Asinar co seu certificado dixital e enviar a folla de suxestións e queixas, premendo en Envío telemático.
  • Imprimir o resgardo de presentación, premendo en Imprimir.

Para verificar que o seu equipo cumpre cos requisitos técnicos necesarios para realizar a presentación telemática pode utilizar o seguinte asistente.

Presentación física:

  • Acceder ao formulario, premendo na ligazón situada no menú da esquerda.
    Cubrirr todos os campos indicados no formulario, tendo en conta o carácter obrigatorio dos que aparecen con fondo amarelo.
  • Obter o documento cuberto en formato pdf, premendo en Imprimir Formulario. (Se non dispón dun lector de documentos pdf, pode descargar un de xeito gratuíto na páxina de Adobe)
  • Imprimir o documento pdf.
  • Asinar o documento.
  • Presentar a folla de suxestións e queixas en calquera das oficinas de rexistro da Xunta de Galicia.