| |
|
|
|
|
 |
| Novas |
|
|
08-03-2010 [Consellería] Javier Guerra presenta na CEG o Plan re-Forza 2010 co que o Goberno da Xunta dinamizará a economía mediante medidas de prefinanciamento de proxectosOs investimentos, iniciativas de reorientación da competitividade e as iniciativas de carácter colectivo poderán acollerse por primeira vez a un sistema que contempla anticipos do 50% do apoio concedido e pagos fraccionados ata o 70% Santiago, 8 de marzo de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, protagonizou esta tarde na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) un encontro informativo con empresarios para explicar as liñas estratéxicas do plan re-Forza 2010 mediante o que o seu departamento prevé impulsar, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), novas medidas de apoio que impulsarán especialmente a mellora da competitividade e a internacionalización do tecido empresarial galego. Nesta liña, o conselleiro destacou que nas bases reguladoras de incentivos do Igape, nas de mellora da competitividade e nas de apoio a proxectos colectivos, que serán publicadas proximamente, contemplarase por primeira vez o pagamento de anticipos e de pagos fraccionados que poderán chegar ata o 70% dos apoios concedidos.
Segundo salientou Guerra Fernández, a Xunta de Galicia é consciente do importante papel que deben desenvolver as empresas para contribuír a que Galicia supere a crise actual. Por iso, indicou, os orzamentos do Igape, como principal organismo de apoio á actividade empresarial, medran un 12%, nun exercicio de importantes restricións orzamentarias. O conselleiro explicou tamén que, mediante o plan re-Forza 2010, a Consellería de Economía e Industria quere avanzar en aspectos que considerou fundamentais para dinamizar o tecido empresarial galego, especialmente achegando unha resposta inmediata ás necesidades das empresas, gañando en axilidade para que os apoios poidan ser máis efectivos... [Descarga asociada] [Ligazóns recomendadas]
|
|
|
|
|
|
|