| |
|
|
|
|
 |
| Novas |
|
|
19-02-2008 [D.X. Industria, Enerxía e Minas] Fernando Blanco expón no Parlamento as actuacións do seu departamento en defensa dos consumidores afectados pola desaparición da "tarifa nocturna"A Consellaría de Innovación e Industria alertou dos prexuízos que a desaparición da "tarifa nocturna" ocasionaría en Galiza nos consellos consultivos da electricidade previos á aprobación da modificación de tarifas Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2008.- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, expuxo no Parlamento as actuacións que o seu departamento está a desenvolver en relación coa eliminación por parte do Goberno central da tarifa 2.0 con discriminación horaria nocturna, a denominada "tarifa nocturna", que desaparece a partir do 1 de xullo de 2008 consonte ao Real Decreto 871/2007 e á Orde ITC/3860/2007. A desaparición desta modalidade tarifaria, segundo explicou o titular nacionalista, afecta en Galiza a preto de 180.000 fogares que supoñen o 18% do total de consumidores afectados en todo o territorio do Estado e reflicten a existencia dun patrón de consumo diferencial no noso país... [Descarga asociada]
|
|
|
|
|
|
|