
Ourense, 27 de novembro de 2009.- Un estudo sobre o iogur e o kéfir realizado por estudantes vascos, unha mochila ergonómica deseñada por alumnos ourensáns e unha análise científica dos distintos tipos de areas que se atopan nunha pintoresca praia de Bueu (Pontevedra) elaborada por estudantes viguesas foron os gañadores dos premios da Galiciencia 2009, que quedou clausurada a primeira hora da tarde na Tecnópole ?Parque Tecnolóxico de Galicia-, en Ourense...