|
Estrutura da Consellería de Economía e Industria
Á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación correspóndelle a ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica e na Lei galega 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia; a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (en adiante, PGIDIT); a presidencia do Consello de Administración da sociedade anónima Centro de Supercomputación de Galicia; a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da consellería nas materias de innovación tecnolóxica e innovación na xestión dos sectores produtivos, de infraestruturas tecnolóxicas e de propiedade industrial mais a xestión e utilización da rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (Recetga). · Decreto 324/2009, do 11 de xuño [PDF]Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria
|
|