DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
Funcións e competencias
ESTRUTURA
A Dirección Xeral de Comercio estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:
- Subdirección Xeral de Comercio. Contará para isto coas seguintes unidades:
- Servizo de Ordenación.
- Servizo de Promoción Comercial.
ATRIBUCIÓNS
- A. EN MATERIA DE COMERCIO
- A proposta da normativa relativa ao comercio interior e ás cámaras oficiais de comercio, industria e navegación.
- A promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e a programación e xestión de axudas destinadas para estes fins.
- A reforma, coordinación e mellora das estruturas e dos procesos de distribución comercial.
- A formación e asistencia técnica aos suxeitos da actividade comercial.
- A asistencia aos concellos en materia de establecementos e espazos comerciais.
- A planificación, programación e execución de actuacións destinadas a un maior coñecemento dos produtos galegos no mercado interior.
- A planificación, programación e dirección das actuacións orientadas á promoción comercial de determinados sectores da economía galega que se consideren especialmente importantes para a comunidade autónoma.
- O fomento de proxectos de cooperación económica entre empresas do sector, o impulso do asociacionismo comercial e a asistencia técnica comercial en colaboración con outras institucións e entidades.
- A tramitación, información e elaboración de propostas de resolución dos expedientes en materia de grandes establecementos comerciais.
- A coordinación, tutela, promoción e impulso da actividade das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia.
- B. EN MATERIA DE ACTIVIDADES FEIRAIS
- A proposta da normativa en materia de actividades feirais.
- A dirección, coordinación, execución e control dos programas de actuación en materia de actividades feirais.
- A execución da normativa relativa ás feiras internacionais.
- A coordinación e apoio técnico da participación institucional da Comunidade Autónoma en feiras, exposicións e certames.
- C. EN MATERIA DE PREZOS
- A elaboración, proposta, coordinación, execución e control de programas de actuación encamiñados á execución da política autonómica en materia de intervención de prezos.
- A tramitación, información e elaboración de propostas de resolución dos expedientes en materia de prezos que deban someterse á Comisión de Prezos de Galicia.
- D. EN MATERIA DE ARTESANÍA
- A proposta da normativa relativa á artesanía.
- A elaboración, execución e seguimento de estudos e programas de actuación dirixidos á ordenación, promoción e desenvolvemento do sector artesán.
- A elaboración, programación, execución, seguimento e difusión de estudos e estatísticas en materia de artesanía.
- A xestión do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole, en materia de artesanía e, en particular, da Comisión Galega de Artesanía.